OutubroFest en Pontevedra

A Praza do Teucro de Pontevedra será o esceario elixido para a celebración, entre o xoves e o luns, da primeira edición do OutubroFest, unha imitación do OktoberFest alemán na que a cervexa é o elemento condutor. Así, os asistentes poderán degustar diferentes tipos de cervexa e unha selección de produtos cárnicos alemáns.

O prezo dos menús oscilarán entre os cinco e os nove euros, mentres que o medio litro de cervexa venderase a tres euros. A festa ten como obxectivo financiar ao recentemente creado Pontevedra Rugby Club.