Os locais nocturnos de Santiago ofrecerán concertos pese a non estaren autorizados

O Xacobeo está ás portas e os hostaleiros nocturnos de Santiago non saben se terán ou non autorización para celebrar concertos. A este respecto, o Concello enviou un escrito á Xunta solicitando o permiso, pero os empresarios están decididos a facelo de todos modos. Os titulares dos pubs –segundo recolle La Voz- consideran que o inmovilismo das administracións non conduce a nada, mentres outras cidades ofertan actividades sen problemas.

En todo caso, e para axilizar a situación, a Asociación de Hostalería Nocturna solicitou unha entrevista co director xeral de Interior da Xunta e ten previsto reunirse tamén coa delegada de Urbanismo do Concello.