Os incendios reducen os ingresos pola venda de castaña en Vilardevós

A provincia de Ourense foi unha das máis castigadas polos lumes deste verán e, unha das consecuencias dos incendios será a redución dos ingresos pola venda de castañas. En Vilardevós, onde se produciu un incendio que calcinou 200 castaños, calculan que a produción deste froito poderá descender ata un 50% o ano que vén e, consecuentemente, tamén baixarán os ingresos. E o peor é que para que o souto queimado volva producir, deberán pasar máis de quince anos.

Os veciños da zona queren saber se a Xunta vai tomar algún tipo de medida para paliar os efectos deste incendio e para recuperar a produción de castañas neste municipio.