Os cogumelos fan máis apetecible a Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, pronunciou o seu primeiro pregón como conselleiro na apertura da X Festa do Cogumelo de Curtis, onde valorou a micoloxía como unha actividade complementaria importante e que “fai máis apetecible” a Galicia como destino turístico. Varela subliñou a importancia dos fungos para a economía como “uns froitos de outono con gran valor engadido, unha excelente aceptación no mercado e un aporte de ingresos estacional de relativa importancia” dentro da economía local e de diversas zonas de Galicia.