Organizarse para consumir ecolóxico

A asociación cultural Tarabela de Lalín vén de organizar un grupo de consumidores de produtos ecolóxicos que accederán aos alimentos sen que pasen por intermediarios. Lácteos, prantas medicinais ou mermeladas serán algúns dos produtos que este grupo de usuarios poderá adquirir sen custos engadidos. Ademais de aforrar, estes consumidores estarán apoiando unha filosofía de produción agrogandeira sustentable e respectuosa co medio ambiente.

Entre as subministradoras figuran Comocabras (queixo de cabra) ou Verín Biocoop, que produce razas autóctonas de vacún. O colectivo pretende chegar a acordos tamén con empresas que operan no Deza.