O conselleiro de Cultura e Turismo indicou que o Xacobeo é “unha prioridade de Goberno para 2010, do que se vai beneficiar toda Galicia”. No que a cifras atinxe, Roberto Varela informou de que o Xacobeo “suporá un incremento do 0,5% no PIB galego e dun 1,5% no peso do turismo neste PIB, contribuíndo en gran medida a que en 2010 a economía galega volva medrar e siga converxendo en España e na UE”.
Varela estima que o Xacobeo xerará un impacto económico de 200 millóns de euros e tamén “axudará ao emprego”. O orzamento da Xunta para esa cita é de 42 millóns de euros.
Pola súa banda, o presidente da Xunta manifestou en Londres o seu convencemento de que o Xacobeo converterá a Galicia “na gran capital europea no ano 2010”. Alberto Núñez Feijóo convidou aos británicos a visitar Galicia o vindeiro ano aproveitando as conexións aéreas. “Estamos moi preto e esperamos que poidamos buscar e atopar o turismo inglés, os ingleses que queiran coñecer o Xacobeo, o feito do Xacobeo, que é un feito cultural, espiritual, pero tamén un feito turístico e económico de primeiro nivel”, manifestou Feijóo.