O Valadouro, máis meloso que nunca

O Valadouro acolle este sábado unha das citas máis doces da comarca da Mariña, a vixésimo segunda Feira do Mel. Haberá once postos de venda de produtores de mel e stands nos que se realizarán obradoiros de velas e xabóns. O kilo de mel venderase a 6,50 euros e medio kilo a 3,50. Non faltará tampouco a degustación de pasteis feitos con mel, a cargo da confeitería Méndez.