O mexillón non pasa o seu mellor momento

O sector do mexillón non está a pasar o seu mellor momento. As vendas caeron notablemente e esta circunstancia está a provocar que os bateeiros ofrezan o bivalvo á industria a prezos irrisorios –segundo recolle La Voz, cun 20% de desconto-. Dende algunhas entidades mexilloeiras estímase que a facturación media no último mes foi un 30% inferior ao mesmo periodo de 2007. É o que é máis grave: os produtores cren que o mercado vai tardar en recuperarse.

Por outra banda, o peche da empresa Calizamar, adicada á reciclaxe da cuncha do mexillón, paralizou o envasado deste bivalvo en numerosas conserveiras arousanas. Segundo recolle La Voz, só en Boiro Jealsa-Rianxeira e Paquito aseguran estar abocadas a prescindir de case 150 operarios.