O mercado do Progreso acolle a primeira Festa da Cervexa

Os comerciantes do mercado do Progreso de Vigo organizan, ata o vindeiro domingo, a primeira Festa da Cervexa, na que as marcas de importación son as protagonistas. A intención é celebrar algo semellante ao coñecido Oktoberfest alemán, por iso a cervexa poderá acompañarse de típicos pratos xermanos como o codillo con arroz ou as tradicionais salchichas.

Os organizadores instalaron unha gran carpa que estará aberta de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 23.00 horas. Non faltará a música de taberna para crear un mellor ambiente.