O Estado destina máis de 900.000 euros ao Museo Etnolóxico de Ribadavia

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, anunciou, nunha recente visita á localidade ourensá de Ribadavia, que os presupostos do Estado para 2010 teñen reservada unha partida de 16.000 euros para a ampliación do Museo Etnográfico da vila. A esta cantidad sumaríase outra partida de 100.000 euros en 2011 e outra de 800.000 euros en 2012.