O Concello de Lugo organiza cursos de micoloxía

Proyectan cuatro nuevos albergues de peregrinos

La Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio habilitará cuatro nuevos albergues de peregrinos, uno en Santiago, otro en Pontevedra y dos más en Melide y Bando. El de Compostela se ubicará en el complejo parroquia de San Antonio de Fontiñas y los demás en las casas rectorales cedidas por el Arzobispado.



El albergue santiagués tendrá capacidad para unos 250 peregrinos y la Fundación no descarta habilitar otro en una parte del Seminario Menor, en Belvís, pero está a la espera de los permisos municipales. La intención de la Fundación que preside Marcelino Oreja Aguirre es crear una red de albergues propia.





A Xunta crea o proxecto Mar Achega, para fomentar o consumo de peixe

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, e a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, presentaron o proxecto “Mar achega”, un programa de actividades pensado para amosar á poboación do interior de Galicia o sistema de extracción e primeira venda dos produtos da pesca artesanal capturados nas augas interiores de Galicia aos consumidores finais.



A proposta é un programa piloto que consiste na realización de 10 visitas ás lonxas de diferente portos do litoral galego. Cada visita inclúe a asistencia a unha poxa, a visita a puntos de extracción e depuración así como a degustacións de produtos. A Consellería de Mar destinará a esta actividade un total de 46.290 euros. As visitas comezarán o mércores en Cambados e finalizarán o día 10 de novembro en Fisterra.



Por outra banda, os armadores da zona de A Guarda queren impulsar o consumo de peixe espada no norte de España, onde só se vende o 10% do que se captura. O restante 90% repártese entre o mercado italiano (50%) e outros mercados nacionais (Madrid, Andalucía e Levante). Para iso estanse a celebrar unhas xornadas gastronómicas denominadas “Peixe espada, emperador do mar e da mesa”, que contan coa colaboración da UE e do Goberno central.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais, organiza, un ano máis, as Xornadas de Micoloxía que en cada edición realizan ducias de lucenses e visitantes. Así, do 26 ao 31 de outubro terán lugar as clases do primeiro nivel e o último día celebrarase unha saída ao campo.

As persoas que xa teñan coñecementos micolóxicos poderán realizar un curso de perfeccionamento, do 9 ao 15 de novembro. O obxectivo destes cursos é familiarizar aos veciños coa micoloxía e evitar posibles incidentes debido á toxicidade dalgúns exemplares.