O clima favorece ao kiwi pero prexudica ao pemento

A atípica climatoloxía que está sufrindo Galicia neste outono está a provocar diferentes comportamentos segundo os produtos agrícolas. Así, mentres no Baixo Miño se frontan as mans pola boa colleita de kiwis, en Padrón non están tan contentos coa evolución da colleita e dos prezos dos pementos.

Así, a campaña do pemento de Herbón, que está na súa recta final, estivo marcada por un clima atípico nos meses principais de recolección, xullo e agosto. A crise tamén afectou a este produto pois rexistráronse uns prezos moi baixos. Polo contrario, esta pode que sexa unha das mellores colleitas de kiwi do século no Baixo Miño. Segundo publica La Voz, os produtores poderán recoller 5.000 toneladas grazas á benévola climatoloxía.