O Camiño ¿en perigo?

Son moitas as voces que lembran que Galicia e o fenómeno xacobeo teñen un futuro máis alá do Ano Santo 2010 e que é imprescindible manter en bo estado o Camiño, pois é un dos recursos turísticos máis importantes do país. Outra voz que vén de unirse a este clamor é a do Fondo Mundial para os Monumentos que, dende Nova Iorque, alerta da necesidade de preservar a Ruta. Un dos principais agresores do Camiño sería, ao ver da institución, a presión urbanística á que está sometido.

Por outra banda, as diputadas socialistas María del Carmen Acuña e Concepción Burgo presentaron unha proposición non de lei no Parlamento buscando a declaración do Camiño de Inverno como ruta de peregrinación Xacobea por parte da Xunta.

Esta ruta entra en Galicia por Valdeorras e pasar por Quiroga, Lemos e Chantada para entrar na provincia de Pontevedra polo Deza e unirse coa Vía da Prata ata chegar a Compostela.