O Camiño do Mar tamén quere protagonismo no Xacobeo

A Asociación de Turismo Rural de A Mariña, que agrupa a uns trinta establecementos, busca un recoñecemento para o denominado Camiño do Mar, con vistas á celebración do Xacobeo 2010. A medida busca, paralelamente, contribuír á desestacionalización do turismo nesta zona e favorecer a chegada dun importante volume de peregrinos.

O presidente do colectivo, Manuel Vicente, explicou a La Voz que posúen bastante documentación que avala esta ruta de peregrinaxe, que atravesaría toda a costa lucense e do norte da Coruña ata chegar a San Andrés de Teixido. O presidente amósase crítico porque o recoñecemento oficial desta ruta non chegara antes.