O BNG reclama que o 50 por cento dos fondos para o Xacobeo se destinen á cultura galega

O BNG reclama que a cultura galega sexa destinataria, cando menos, do 50% dos fondos adicados á programación do Xacobeo 2010, que se coñecerá –tal e como anunciou a Xunta- o vindeiro martes, 20 de outubro. As nacionalistas Ana Pontón e Carme Adán lembran que o Goberno galego insiste en que o Ano Santo servirá de revulsivo da economía galega pero “aínda non se sabe que actuacións concretas se van poñer en marcha”, din.

O BNG non comparte o enfoque aplicado noutras convocatorias que consistía en contratar a artistas foráneos “mentres a cultura propia quedaba marxinada”, sosteñen. Nese sentido, as nacionalistas acusaron á Consellería de Cultura e Turismo de aplicar “unha política de recortes antigalega”.