Nova vía de comunicación entre Galicia e Portugal

A Xunta investirá preto de 130 millóns de euros na construción do eixo entre a A-52 e a fronteira portuguesa. A este respecto, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a nova autovía reducirá un 40% os tempos de conexión para os preto de 200.000 veciños da comarca.

O mandatario galego explicou que esta autoestrada será un “gran eixo vertebrador” da provincia de Ourense, xa que suporá reducir en 15 minutos o traxecto entre a autovía das Rías Baixas (Celanova) e a fronteira portuguesa. As previsións da Xunta son que as expropiacións comecen no primeiro semestre de 2010, e as obras no segundo, para que a autoestrada estea rematada no ano 2012.