Non máis presas no Miño

O PSdeG-PSOE afirmou no Senado que non se concederán novas centrais no río Miño e que unicamente poderán estudarse modificacións das existentes dende os anos 60, “se non prexudican ao medio natural”. O senador Miguel Fidalgo avanzou, a este respecto, que proximamente aprobarase o Plan Hidrolóxico da Conca Miño-Sil “que será a norma que regule definitivamente os aproveitamentos de todo tipo nos ríos da conca”.

O senador socialista arremeteu contra o BNG acusándoo de “inventar mentiras sobre proxectos de novas centrais”.