Mexillón solidario para toda Galicia

Asociacións de produtores de mexillón, empresarios da depuración e da transformación e a Xunta están a traballar no deseño da campaña “Mexillón solidario”, coa que se pretende chegar a calquera recuncho de Galicia. Segundo recolle Faro de Vigo, a iniciativa está a punto de ver a luz e oriéntase cara os comedores sociais e as organizacións benéficas. Trataríase de mexillón da máis alta calidade, depurado previamente.

Reactivaríase así un sector que non está pasando polo seu mellor momento. Como recolle Diario de Arousa, o volume de mexillón galego con destino á transformación caiu en dous anos ata un 40%. O máis preocupante é que o baleiro deixado polo produto galego está sendo ocupado por mexillón foráneo.