Máis de 50.000 persoas nas tapas de Lugo

Máis de 50.000 persoas realizaron a ruta do tapeo de Lugo, un concurso que permite á capital das Murallas estar “á vangarda da cociña en Galicia”, segundo declarou a edil de Cultura e Turismo. Concepción Burgo destacou que se trata “dun concurso consolidado con moita rapidez, e dada a afluencia de público vaise manter durante moito tempo”.

En canto aos gañadores, 1º Premio Tapa Creativa foi para o restaurante Paprica cun Solombo de porco, touciño real, San Simón e cervexa negra. O 2º Premio Tapa Creativa foi para o restaurante Campos. Na categoría de Tapa Tradicional, o primeiro premio foi para A Taberna do España, cunha Carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra, mentres que o segundo foi para o restaurante Manuel. O premio á tapa que mellor marida co viño da D.O Ribeira Sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente foi tamén para A Taberna do España.

En canto ás votacións do público, o premio para a mellor tapa creativa foi para o Mesón da Pelusiña e o da mellor tapa tradicional para o restaurante Manuel.