A Galiña de Mos é de Castro Rei

O concello lugués de Castro Rei reivindicase como a “cuna” da Galiña de Mos, nai dos Capóns de Vilaba cunha exposición-degustación para dar a coñecer as excelencias culinarias da ave e, de paso, reivindicar a súa orixen, que segundo os rexistros históricos está na parroquia de San Xulián de Mos, onde terá lugar a exaltación desta raza autóctona o vindeiro 16 de xaneiro. Está organizada polo concello, a Asociación de Avicultores Avimós e os veciños da parroquia.

Dende o concello de Castro de Rei especifican que a Galiña de Mos é orixinaria da Terra Chá e os ejemplares para a súa recuperación foron recollidos en San Xulián de Mos.