Galicia, máis presente en Asia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o director de Casa Asia, Jesús Sanz Escorihuela, asinaron un protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Casa Asia co obxectivo xeral de promover e favorecer o mellor coñecemento e as relacións de diversa índole das institucións públicas, entidades civís e cidadanía galega coas dos países de Asia e o Pacífico.

A firma do protocolo senta as bases para futuras colaboracións como a cesión de fondos bibliográficos para a Biblioteca de Galicia ou a celebración Galicia dunha mostra de arte contemporáneo chino no próximo ano 2010. Trátase dunha mostra que recolle a grande transformación que se ten producido na sociedade chinesa das dúas últimas décadas. Todas as actividades que está previsto impulsar desenvolvendo e avanzando no marco deste protocolo permitirán, segundo o conselleiro, “abrir a porta de Galicia ao continente asiático”.