Galicia e Portugal xuntos contra a marea bermella

Galicia e Portugal, a través do Instituto Tecnolóxco para o Control do Medio Marino (Intecmar) e o Ipimar, centro de semellantes características pertencente o Instituto Nacional de Recursos Biolóxicos de Portugal, unen sinerxias para controlar as biotoxinas e as mareas bermellas que afectan a toda a costa Atlántica e, deste xeito, poder defender mellor os sistemas analíticos actuais diante da Comisión Europea.

Cando a marea bermella afecta a Portugal acaba adentrándose nas rías galegas onde, nestes intres, a situación está marcada pola presenza de toxinas paralizantes (PSP), aínda que sin acadar niveis preocupantes, mentras que, polo contrario, en Aveiro as autoridades sanitarias lusas decretaron a veda do mexillón por esta toxina. Cando así sucede en Portugal, máis tarde pasa tamén en Galicia.