Estudan os atractivos da Ribeira Sacra para divulgalos en Canarias

Directivos de El Corte Inglés en Las Palmas realizan unha visita á Ribeira Sacra para estudar a posibilidade de organizar nesa cidade iniciativas gastronómicas e turísticas relacionadas con esta zona. A visita está organizada polo Consorcio da Ribeira Sacra en colaboración con diversas institucións e asociacións do ámbito turístico e hostaleiro.

Ata o momento, os visitantes coñeceron o Parador de San Vicente e o Centro do Viño da Ribeira Sacra, así como o hotel balneario de Augas Santas ou o mosteiro de Ferreira de Pantón.