Este ano poderían saír as primeiras castañas certificadas

A castaña hai que recollela mollada. Alomenos iso din os expertos. Por iso, o periodo de sequía que atravesa Galicia crea certa preocupación nos produtores. Pese a iso, as primeiras castañas da temporada xa se recolleron, se ben son as adicadas a autoconsumo, segundo recolle La Voz. A compravenda de grandes cantidades aínda non comezou.

Este ano non pasará á historia polos niveis de produción pero si pode facelo por ser no que saian ao mercado as primeiras castañas certificadas. Os responsables da Indicación Xeográfica Protexida esperan que a medio prazo existan xa datos fiables das zonas de produción, posto que aínda agora se está procedendo á certificación dos castaños. Tamén hai certa incertidume con respecto aos prezos.