Dúas conferencias e unha andaina na Vía da Prata

A Asociación de Amigos da Vía da Prata presentou as actividades da súa semana cultural, que se desenvolverá do 22 ao 24 de outubro. O programa inclúe a celebración de dúas conferencias, unha exposición fotográfica e unha andaina.

Esta terá lugar o último día, entre Silleda e Bandeira, polo Camiño de Santiago. Unha comida colectiva porá o punto e final a estas xornadas.