Dous meses sen ostras da Pedra

As ostras deixarán de venderse nos postos do Casco Vello ata decembro por mor do inicio das obras de reforma da cuberta na rúa Pescadería. Espérase así rematar coas filtracións de auga e as correntes de auga durante a temporada de choivas e evitar o calor excesivo no verán.

Os establecementos hostaleiros poderán permanecer abertos ao estaren transitables os laterais da rúa. A reforma da cuberta xa se fixo necesaria tan só un ano despois de inaugurada.