Chegou o outono e os seus sabores inundan Galicia da man de múltiples feiras e xornadas gastronómicas que invitan a gozar deles. Por exemplo, no Deza, a asociación Cabaleiros de Lalín ten programada a 4ª Ruta do Magosto de A Gouxa, que terá lugar os días 21 e 22 de novembro. Non faltarán, na cea de confraternidade, as castañas, os torreznos ou o viño.
Esta fin de semana celébrase en Chantada o Concurso de Gando Frisón e a feira Ecosus de ecoloxía e crecemento sostible. Tamén na Terra Chá, esta fin de semana celébrase a Festa dos Cogomelos de Roupar, que cumpre xa quince edicións. O xantar inclúe arroz con boletus e carne con níscalos.
Os cogomelos son tamén protagonistas das IX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte que terán lugar os días 31 de outubro e 1 de novembro en Cee. Haberá visitas guiadas e conferencias. Paralelamente, o hotel restaurante Larry e a Cervecería O Recreo ofrecerán distintas receitas de pinchos elaborados a base de setas.
O mel tamén é outro dos produtos que toman protagonismo estes días, por exemplo, na Feria de la Miel de Boal (Asturias) prevista para o 31 de outubro e 1 de novembro. A cita reunirá a medio cento de empresas relacionadas coa apicultura, moitas delas galegas.