A Coruña acollerá en novembro o IV Vinum Finisterrae

O vindeiro 2 de novembro celebrarase, na cidade de A Coruña, a cuarta edición do Vinum Finisterrae, un acontecemento que reúne aos profesionais do sector da gastronomía e o viño co obxecto de presentar as últimas novidades do sector. Nesta edición –segundo publica El Ideal Gallego- estarán presentes máis de 25 adegas das distintas denominacións de orixe españolas, que sumarán unha oferta de máis de 250 viños.

Tamén se poderán degustar outros produtos como auga, chocolate, conservas ou afumados.