Comeza a campaña de libre marisqueo nos Lombos do Ulla

Este luns comeza a campaña de libre marisqueo na zona dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, na Ría de Arousa. Trátase dunha das áreas máis ricas en berberecho e ameixa da zona. Como novidade, este ano os pósitos e a Administración autonómica decidiron incrementar a vixianza durante a campaña co obxectivo de evitar as prácticas furtivas.

E ao norte, a confraría de Barallobre comeza a vender os seus produtos a través de Internet. Inicialmente, o pósito ofertará a través da Rede ameixa babosa e berberecho, se ben máis adiante prevese ampliar o catálogo de produtos.