Cerceda contará cun novo complexo de turismo e ocio

A empresa Lignitos de Meirama asinou un convenio co Concello de Cerceda (A Coruña) para converter a antiga mina nun mega complexo de turismo e ocio con instalacións deportivas, culturais e lúdicas que cederá ao municipio. En total, a zona obxecto de obras ronda os cinco millóns de metros cadrados. Nela ubicaranse un campo de golf de 18 buratos, un bosque industrial, un centro de alto rendemento deportivo e un pequeno porto de amarre para embarcacións.

“Penso que seremos un referente no tema do turismo”, sinalou o alcalde, José García Liñares. O complexo tamén inclúe un observatorio de aves, rutas de sendeiros para andar a cabalo ou a pé e un parque infantil.