Castañas e cogomelos

O municipio lucense do Courel prepara as dúas festas de exaltación da castaña que se celebran durante a temporada de outono. A primeira delas terá lugar o 7 de novembro e a outra o 6 de decembro. Un dos eventos máis importantes terá lugar na segunda convocatoria, cando se procederá á recreación etnográfica do proceso tradicional de preparación das castañas secas. O programa complétase cun xantar popular a base de produtos tradicionais da serra.

E os cogumelos son outro dos produtos ao que máis festas se lle adican neste tempo de outono. Esta fin de semana, por exemplo, terán lugar unhas xornadas de exaltación das setas organizadas pola Asociación Micolóxica-Naturalista da Costa da Morte Pan de Raposo. Tamén esta fin de semana celebrarase a Feira dos Fungos e Cogomelos de As Pontes que inclúe un xantar a base de fungos. Tampouco faltarán o mel e o queixo do Eume, entre outros produtos.