Branco lexítimo e agudelo serán aptas para a vinificación

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño concederá en breve unha autorización provisional para vinificar en Galicia con branco lexítimo e agudelo, segundo informou a Consellería do Medio Rural. Trátase de dúas cepas de cultivo ancestral na comunidade autónoma pero que non foron rexistradas no seu día e que, polo tanto, non se poden comercializar.

O branco lexítimo cultívase sobre todo na zona de Betanzos pero tamén no Barbanza e na Fonsagrada. O agudelo é case exclusivo de Betanzos.