Auditoría ao Mexillón

A Consellería do Mar vai proceder á realización dunha auditoría externa e independente co fin de coñecer a situación financieira e patrimonial do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Dende a Consellería do Mar tomouse esta decisión logo de ter solicitada en ocasións reiteradas distinta información relativa ao estado das contas do Consello e que foi remitida de xeito incompleto.

Entre outra, solicitóuselle ao Consello Regulador, información referente ás contas anuais e actas das reunións dos catro últimos anos, a relación de persoal ao cargo do Consello e mais o estado de execución dous convenios asinados en 2009. Ao detectar posibles irregularidades na información solicitada (e que foi parcialmente remitida) e ante a imposibilidade de coñecer a partir dela a realidade financeira e patrimonial do Consello Regulador, a Consellería do Mar decidiu solicitar unha auditoría externa e independente que aclare a súa situación financieira e patrimonial.