A localidade coruñesa de Arzúa acolle esta fin de semana a sexta edición do Festival polas Artes e a Biodiversidade Terr@ctiva. A feira ubicarase no pavillón multiusos e contará con máis de cincuenta postos de venda de produtos ecolóxicos e artigos artesanais.
Paralelamente, desenvolveranse obradoiros e charlas informativas. Os máis pequenos da casa poderán elaborar os seus propios xoguetes con materiais de refugallo. Tamén haberá representacións teatrais.