Anfaco promociona os produtos do mar e da acuicultura galegos en Alemania

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco), partipará ata o mércores nunha nova edición da feira Anuga 2009, que terá lugar na cidade xermana de Colonia. Anuga, feria dirixida a un público exclusivamente profesional, eríxese como unha das feiras máis importantes do sector alimentario a nivel mundial.

Anfaco, que participará baixo o paraugas da Xunta, promocionará os produtos da pesca e da acuicultura e informará sobre o sector transformador de produtos do mar. Tamén estarán presentes empresas como Conservas Antonio Alonso, Hijos de Carlos Albo o Industrias Cerdeimar.