A Xunta presentará aos axentes participantes o borrador do Plan de Acción do Turismo en Galicia

A Secretaría Xeral para o Turismo está a convocar aos axentes que participaron na elaboración do borrador do Plan de Acción do Turismo en Galicia á presentación de dito documento, nunha xornada que terá lugar na tarde do 30 de setembro, coa inauguración por parte do conselleiro, e na mañá do 1 de outubro, no Hotel Isla de La Toja (O Grove).

O obxectivo do encontro é presentar os resultados das aportacións dos axentes, que se concretan en 80 accións de execución recomendada, que a Xunta quere someter á avaliación do sector, “para consensuar por segunda vez o documento”, especifica a Secretaría Xeral. A Xunta busca que o Plan de Acción “resulte do consenso do sector privado e dos axentes sociais relacionados co mundo turístico”.