Varela anuncia a recuperación do voo Santiago-París a partir do 1 de decembro

A Xunta de Galicia iniciou os trámites para recuperar a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo e Turgalicia a conexión Santiago-París en voo de baixo custe a partir do 1 de decembro. Este anuncio foi realizado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na súa resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a política da Secretaría Xeral para o Turismo en relación aos voos de compañías aéreas de baixo custe nos tres aeroportos galegos.

O conselleiro encadrou este anuncio no “importante esforzo” que está a facer a Consellería de Cultura e Turismo para apoiar ao sector aéreo galego a pesar de ter herdada “una situación de completa indispoñibilidade financieira”. Neste sentido, segundo Roberto Varela o fomento das liñas aéreas low-cost serve como mecanismo para deseñar “parcialmente” o mapa de rutas “desexable, sen perder de vista a perspectiva da optimización dos nosos tres aeroportos” e co obxectivo de aproveitar a “oportunidade que brinda a Galicia o vindeiro Ano Xacobeo como pulo ao noso desenvolvemento”.