Unha comisión para o futuro de Lavacolla

Ante a preocupación dos sectores vencellados ao turismo da cidade polo futuro do aeroporto, o alcalde de Santiago convocou unha reunión do Consello Econónomico e Social para abordar o tema e explicar o que se tratou na reunión que o pasado día 3 de setembro mantiñan en Santiago representantes da Xunta cos concelleiros de Turismo das cidades de Compostela, Vigo e A Coruña. Os empresarios xa manifestaran ao alcalde anteriormente a súa enorme preocupación pola situación das negociacións coas compañías de baixo custo, xa que un mal resultado das mesmas, sinalaron, afectaría de forma moi directa a Santiago e á súa comarca.

Tralo debate, acordouse crear unha comisión de seguemento dos temas aeroportuarios, a iniciativa do Concello. Agárdase constituir este novo órgano a próxima semana, para dar tempo ás asociacións con órganos corporativos a elixir aos seus representantes.