Un nazareno con tirón

As festas do Nazareno, que arrancan este venres na Pobra do Caramiñal, atraerán máis de 50.000 visitantes a esta fermosa vila da comarca de O Barbanza, case que todas motiadas pola Procesión das Mortaxas, na que participarán ao menos 8 cadaleitos.

A festa do Divino Nazareno, declarada de interés turístico, conta cunha loga tradición que data do século X.
Na parte lúdica haberá oito orquestas, varios concertos de bandas de música, atraccións diversas e unha exhibición de cetrería.