O vicepresidente do Parlamento, Manuel Baltar, foi o encargado de inaugurar oficialmente o curso no IES Vilamarín, acto no que manifestou que o sector servizos e a hostelería serán os impulsores da economía galega durante o Xacobeo 2010. “Os profesionais deste ámbito teñen unha fantástica oportunidade de amosarse ao mundo coa importantísima cita cultural e turística na que Galicia será protagonista no vindeiro ano”, sinalou.
Baltar destacou as instalacións coas que conta o Instituto, do que dixo que “é un centro educativo que é referente en Galicia no seu ámbito formativo”, “un centro que conta cunhas axeitadas instalacións, departamentos didácticos e talleres de prácticas, abertos ao mundo cunha presenza importante en Internet, e que ten unha máis que interesante oferta formativa”. O IES de Vilamarín é o único centro de Galicia con ciclos de Hostelería e Turismo que dispón de residencia para estudantes.