Trucha del Río en Galicia

Un total de 17 restaurantes de Galicia, concretamente das cidades de Vigo e A Coruña, participan na novidosa campaña Trucha del Río que se prolongará durante as vindeiras oito semanas, unha iniciativa impulsada pola Asociación Nacional de Acuicultura Continental (Esacua) e financiada polo FROM que ten como obxectivo introducir a troita de río no canal de hostalería de forma directa e fomentar así o seu consumo.

Os hostaleiros participantes na campaña poderán servir nos seus establecementos dez receitas deseñadas exclusivamente para esta iniciativa por cinco novos talentos da cociña española (Óscar Calle, Héctor López, David Marcano, José Miguel Naves e Javier Rodríguez Ponte). Serviranse un promedio de entre 4.000 e 5.000 pratos cada semana en toda España, ou o que é o mesmo, que entre 32.000 e 40.000 persoas poderán degustar as receitas de Trucha del Río ó longo das oito semanas de duración da campaña.