A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Toledo acolle estes días a mostra audiovisual itinerante “En Camiño”, organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos, liderada pola da cidade compostelá. A exposición permanecerá aberta ata o día 30 deste mes.
A mostra consiste nunha secuencia de 28 fermosas fotografías sobre as peregrinacións xacobeas, particularmente dos camiños Francés e de Fisterra, e outra complementaria de Santiago como meta das peregrinacións. As pezas son de gran calidade e van montadas en caixas de luz, co que se consegue un efecto orixinal e unha atmosfera realmente suxestiva. A estrela da exposición é un vídeo realizado ao longo do Camiño Francés no que os protagonistas son os propios peregrinos, procedentes de diversas comunidades autónomas de España e de países da Unión Europea, América e Oceanía, que van relatando as súas experiencias e consideracións sobre o Camiño mentres o están a realizar, compoñendo un documento cheo de realismo e frescura sobre o significado actual das peregrinacións.