Pulo á Festa da Dorna de Ribeira

O Partido Popular, a través dunha iniciativa presentada no Parlamento Galego reclama para a Festa da Dorna de Ribeira a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, aproveitando a celebración do Ano Xacobeo no 2010.

Segundo portavoz popular, Manuel Ruiz Rivas, a Festa da Dorna congrega a máis de 23.000 persoas por cada día de celebración. Esta festa, que se celebra o 24 de xullo, naceu en 1948 co gaio da festividade da Virxe do Carmo e foi declarada de Interese Turístico de Galicia en 2005.