Os coruñeses coñecen a cidade de Lugo

O alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou este luns na Coruña un stand sobre a cidade co que o Executivo local pretende que os coruñeses “visiten más a cidade e que acudan ás festas do San Froilán”. O rexedor estivo acompañado na inauguración pola concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, así como polo xerente do centro comercial onde se instalou o stand, Dolce Vita, Javier Moreno, o concelleiro de Festas do Concello de Coruña, Carlos González, e o presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules, Segundo Pardo.

O stand contará con información relacionada coas festas do San Froilán e poderá visitarse ata o día de remate das festas. O espazo está ubicado no centro comercial Dolce Vita, no Polígono da Grela, polo que pasan centos de persoas cada día.