A rede de colectivos que conforman a plataforma “A Ría non se vende” vén de amosar o seu rexeitamento á construción duns silos nos recheos de Bouzas, no porto de Vigo. O colectivo di que, á parte de non contar con licencia municipal de obras, estes silos “provocarían unha barreira visual en forma de pantalla permanente que alonxaría visualmente, aínda máis, o mar da cidade”. Isto, ao ver da plataforma, “suporía un grave atentado paisaxístico que estragaría a xa deteriorada paisaxe dende todos os miradoiros da ría”.
Insiste o colectivo en que a paisaxe “é un recurso natural que hai que protexer e que produce beneficios económicos e beneficios inmateriais aos habitantes que nela viven” polo que instan a “levantar recheos e recuperar o litoral”.