O Parlamento Europeo destina 1,8 millóns para actuacións transfronteirizas no Xacobeo 2010

A Comisión de Orzamentos do Parlamento Europeo aprobou o proxecto de Orzamentos da Unión Europea para o ano 2010 cunha liña presupostaria específica por un importe de 1.800.000 euros que contribuirá a financiar actuacións transfronteirizas que organizará a Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2010. Esta liña presupostaria, recollida dentro da partida destinada a “Acontecementos anuais especiais”, xurdiu dunha emenda presentada polos eurodiputados do PP, o galego Francisco Millán Mon e o catalán Santiago Fisas Ayxela.

Tras a súa aprobación, esta liña presupostaria para o Xacobeo 2010 aínda terá que ser confirmada polo Pleno do Parlamento Europeo. A semana do 20 de outubro en Estrasburgo celebrarase a primeira votación no Pleno.