O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron “Un Camino de Luz”, a innovadora instalación lumínica que promoverá o Ano Santo 2010 na Gran Vía madrileña durante La Noche en Blanco este sábado. Na súa primeira visita institucional á Casa de Galicia, o conselleiro realizou un percorrido polas instalacións que servirán como punto de enlace en Madrid para a promoción do Xacobeo 2010.
Para Roberto Varela, Un Camino de Luz “sirve de homenaxe a unha rúa emblemática” e a presenta “convertida nun escenario teatral nunha continuación máxica do Camiño de Santiago, nun gran espazo para o deleite da cultura”. Deste xeito, unidos espectáculo e información, o evento, en palabras do conselleiro, constitúe ante todo “unha actividade importante para presentar e promover o evento social, relixioso, cultural e turístico por antonomasia para o ano que entra: o Xacobeo 2010”.