Melloras no Mosteiro da Armenteira

A Deputación de Pontevedra destinará un total de 216.000 euros para levar a cabo a primeira fase de rehabilitación, limpeza e tratamento da condensación do Mosteiro de Armenteira, que presenta actualmente un notable estado de deterioro. A actuación constará de 4 fases: a referida, de limpeza e tratamento da condensación, unha segunda de limpeza e arranxo de bóvedas, unha terceira de deshumidificación, e unha cuarta de iluminación artística, para salientar puntos concretos do edificio, coma o baldaquino ou as pechinas.

Esta actuación súmase a outras, xa acometidas ou en proceso, para poñer en valor unha ruta turística e peonil que irá dende Armenteira ata o Muiño da Seca, en Cambados, pasando pola Aldea Rural de Meis, os muiños de Santo Tomé, Sisán ou Ribadumia.