Máis de 10.500 degustacións na primera semana do Concurso de Tapas de Lugo

O 5º Concurso de Tapas de Lugo conta xa con máis de 10.500 degustacións na súa primeira semana, o que reflicte, unha vez máis, o éxito da iniciativa. Os que desexen, poden probar os pratos a consurso de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas nos establecementos participantes, a un prezo que vai do euro aos tres euros.

A concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, confía na iniciativa dos hostaleiros que participan no concurso, así como na calidade dos servizos que se prestan aos clientes. “Deben intentar seducir aos clientes para conseguir algún dos cinco premios outorgados polo xurado ou algún dos dous premios que concede o público”, sinalou. Segundo Burgo, proba do éxito deste concurso é que serviu de exemplo para outros concursos de tapas.