Louro compromete 20,7 millóns para o litoral de Foz

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, comprometeu a realización de actuacións no litoral focense por importe de 20,7 millóns de euros, que se sumarán aos 2,7 millóns destinados a financiar os 11 proxectos acollidos ao Fondo Estatal de Inversión Local. Louro destacou que estas once iniciativas aprobadas para Foz foron xa adxudicadas.

Louro realizou estes anuncios nunha visita ao municipio de Foz, onde coñeceu algunhas das obras iniciadas, como a rehabilitación da Ponte Vella e a conexión coa ponte de ferro no río Ouro.